Arrincamos o ano en Vimianzo con dous podios e moito barro


 14 Xaneiro, 2026   Tríatlon 

Arrincamos o ano en Vimianzo con dous podios e moito barro

O pasado domingo día 11 de xaneiro catro d@s nos@s triatletas representáronnos no Campionato Galego de Dúatlon Cros de Vimianzo, máis coñecido como Dúatlon Cros de Reis Concello de Vimianzo. Nesta a súa 17ª edición ademáis do Campionato Galego Estándar de Dúatlon Cros, o Concello volveu a apoiar e promocionar ás categorías de base do tríatlon galego celebrando tamén o Campionato Galego Súper Sprint para as categorías cadete, xuvenil e júnior. Precisamente nestas categorías e sobre a distancia super sprint @s nos@s sumaron os dous primeiros podios da tempada. Deste xeito Hugo Souto colgouse a medalla de ouro na categoría júnior masculina e Estela Yáñez a de prata na categoría cadete feminina. Na cadete masculina Diego Souto rematou 5º clasificado e na saída aberta popular Leo Touré foi 12º absoluto. Na clasificación súper sprint por equipos acadamos unha moi meritoria 4ª praza dos once equipos participantes. Por equipos Resultados que podedes atopar no apartado de descargas tríatlon desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias e de terceiros para realizar a análise da navegación dos usuarios e mellorar os nosos servizos. Ao pulsar Acepto consente ditas cookies. Pode obter máis información pulsando Máis información ou ben cambiar a configuración escollendo unha de estas opcións:

Pechar