Onte domingo día 8 de marzo de 2020 a localidade pontevedresa de Moraña celebraba a 1ª edición do seu dúatlon de estrada nas distancias sprint, como proba puntuable para o Circuíto Galego de Dúatlon e supersprint, como proba popular de promoción. Precisamente nesta última modalidade sobre distancia supersprint tomaban parte representando á AD. Fogar de Carballo e Oleiros 10 d@s nos@s triatletas de base, 3 delas da categoría infantil feminina, outras 2 da categoría cadete feminina e os 5 restantes da categoría cadete masculina que callaban unha boa actuación. Na categoría feminina Alba Otero gañaba a proba por diante da súa compañeira de equipo Irea Alén que entraba en meta como 2ª clasificada a 2 minutos e 20 segundos; mentres que Sofía Alberte e Cristina López remataban 4ª e 5ª respectivamente. Na categoría masculina os nosos ocupaban a 4ª praza con Sergio Soto, a 5ª con Pablo Tran a 6ª con Álvaro Elizalde e a 11ª con Alejandro Montes. Podedes consultar os resultados deste I Dúatlon de Moraña no apartado de descargas tríatlon desta mesma web.