Bo fin de semana d@s nos@s triatletas en Muros e Melilla


 15 Abril, 2024   Tríatlon 

Bo fin de semana d@s nos@s triatletas en Muros e Melilla

O pasado sábado celebrouse en Muros o Campionato Galego de Dúatlon Super Sprint no que os da AD. Fogar de Carballo e Oleiros estivemos representados por 13 d@s nos@s triatletas das categorías cadete, xuvenil e júnior. A proba desenvolveuse ben para os nosos intereses acadando tres dos podios da xornada e o 4º posto conxunto por equipos a tan só tres puntos do terceiro clasificado. Desta volta @s mellores foron, Irene Santomé e Nicolás Mato como 6ª e 21º da categoría cadete, Iago Prada e Michel Núñez, que foron ouro e bronce na categoría xuvenil e David Murado e Noa Atanes que acadaron respectivamente o bronce e 6ª praza na categoría júnior. O mesmo sábado pero na localidade de Melilla, Adrián Sancho, Hugo Souto, Joel Barcia e Oscar Alberte desputaron unha das probas da Copa de Europa de Tríatlon Júnior sobre a distancia sprint na que remataron, Adrián no 18º posto, Hugo no 19º e Oscar no 32º, mentres que Joel Barcia non foi quen de completar a proba. Os resultados destas dúas probas podédelos atopar no apartado de descargas tríatlon desta mesma web. A vindeira cita para os do Fogar será o sábado día 20 de abril en Poio, localidade onde Alberto Tomé, Andrés Prieto e Rubén Otero tomarán parte no Campionato Galego de Dúatlon Sprint.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.