Boa fin de semana para os nosos en Chengdu e Roquetas


 13 Maio, 2025   Tríatlon 

Boa fin de semana para os nosos en Chengdu e Roquetas

A pasada fin de semana 13 dos triatletas de Carballo e Oleiros tomaron parte en dúas das frontes competitivas dos calendarios internacional e nacional de Tríatlon. Por unha banda Andrés Prieto debutou na Copa do Mundo de Tríatlon na categoría elite que se celebrou sobre distancia olímpica na localidade chinesa de Chengdu. Andrés callou unha moi boa carreira rematando na 15ª praza cun tempo de 1 hora 40 minutos e 37 segundos a menos dun minuto do gañador da proba o estadounidense Reese Vannerson. Pola outra 6 dos nosos arrincaron a andadura do Fogar na 2ª División Nacional de Tríatlon na categoría absoluta masculina e outros 6 disputaron a 3ª das xornadas da 1ª División da Liga Nacional de Tríatlon na categoría talento masculina. Os nosos absolutos foron 22º na Copa do Rei, proba contrarreloxo por equipos e 17º no Nacional de Remudas, postos que nos posicionan por encima da metade da táboa dos 15 equipos de segunda. Os nosos talentos foron 13º na contrarreloxo por equipos e 17º na remuda e a falta da última xornada marchan 12º dos 25 clubs que compoñen a máxima categoría nacional cadete e xuvenil. Os resultados da fin de semana están pendurados no apartado de descargas tríatlon desta mesma web.  

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.