Boa fin de semana para @s nos@s triatletas en Ferrol e Alhandra


 05 Setembro, 2022   Tríatlon 

Boa fin de semana para @s nos@s triatletas en Ferrol e Alhandra

Na tarde do sábado celebrábase en Ferrol o Campionato Xunta de Galicia de Tríatlon Sprint no que os do Fogar de Carballo e Oleiros estivemos representados por 6 d@s nos@s triatletas; 1 fémina e 5 homes. A competición disputada nas inmediacións do Porto Deportivo sobre as distancias de 750 metros de natación, 20 quilómetros de ciclismo e 5 quilómetros de carreira a pé, desenvolveuse ben para os intereses d@s nos@s que quedaron a un chanzo do podio ata en tres ocasións. Na categoría masculina destacaron, o sub23 Alberto Tomé (1h02m09s) que foi 4º na súa categoría e 10º absoluto, Pedro López (1h03m24s) que rematou 4º júnior e 15º absoluto e o xuvenil Rubén Otero (1h05m30s) que foi 32º absoluto, para sumar entre os tres o 6º posto masculino absoluto por equipos. Na categoría feminina Alba Otero (1h26m53s) rematou 4ª na categoría júnior. O domingo Andrés Prieto debutaba na localidade portuguesa de Alhandra, na categoría élite dunha das probas da Copa de Europa de Tríatlon sobre distancia sprint. O noso remataba 24º en 51m55s a un minuto do gañador da proba e como 3º mellor español na liña de meta, nada mal para ser a súa primeira cita na máxima categoría. Os resultados destas dúas probas podédelos atopar no apartado descargas tríatlon desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.