Boas carreiras d@s nos@s triatletas en Narón e Vimianzo


 06 Maio, 2025   Tríatlon 

Boas carreiras d@s nos@s triatletas en Narón e Vimianzo

Os pasados 27 de abril en Narón e 3 de maio en Vimianzo, disputáronse a Final Provincial de Dúatlon Escolar Xogade e máis o Campionato Galego de Dúatlon Sprint; probas na que os da AD. Fogar de Carballo e Oleiros estivemos representados por 15 d@s nos@s triatletas. Na Final Provincial de Dúatlon Escolar de Narón os mellores resultados foron, a 4ª praza benxamín por equipos de Tadeo Suárez, Nuno Barcia e Wenceslao Oubiña, a 6ª posición individual benxamín de Noah de Castro, a 8ª praza individual infantil de Martina Santomé e a 14ª de Diego Souto na categoría cadete. En canto á participación dos nosos no Campionato Galego de Dúatlon Sprint de Vimianzo compre destacar a 4ª praza absoluta e 1ª júnior de Iago Prada, a 24ª de Alejandro Pardo e a 55ª de Nuno Moure que lles valeu para ser 7º por equipos maculinos. Resultados que podedes atopar no apartado de descargas escola e descargas tríatlon desta mesma web. As vindeiras cita para os do Fogar serán esta fin de semana con motivo da disputa da Copa do Rei e o Campionato de España de Remudas, probas puntuables para a Liga Nacional Elite de Tríatlon; o Campionato de España de Tríatlon CRE e Remudas Tríatlon Talento, probas puntables para a Liga Nacional Talento e a Copa do Mundo de Tríatlon Elite de Chengdu.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.