Os pasados 12 de xullo en Ferrol e 19 de xullo na Coruña, disputáronse o Galego de Tríatlon de Menores e o Tríatlon Cidade da Coruña; probas na que os da AD. Fogar de Carballo e Oleiros estivemos representados por un total de 33 d@s nos@s triatletas. No Galego de Tríatlon de Menores os mellores resultados foron, a 4ª praza benxamín de Noah de Castro, o 10º posto alevín de Nuno Barcia, os 6º postos cadetes de Diego Souto e Irene Santomé e a 8ª praza conxunta no cómputo total por equipos. En canto ao Tríatlon Cidade da Coruña os resultados máis destacad@s foron desta volta, a medalla de bronce na categoría benxamín de Rosalía Cid, a 14ª praza de Nuno Barcia na alevín, o 12º posto de Martín Cid na infantil, os 9º de Diego Souto e Irene Santomé na cadete, o 4º posto do equipo alevín masculino e o 6º do infantil masculino. Na proba popular absoluta masculina Lucas Prada e David Murado foron 8º e 9º respectivamente. Resultados que podedes atopar no apartado de descargas tríatlon desta mesma web.