Bos resultados d@s nos@s no arranque da tempada de tríatlon


 17 Xuño, 2022   Tríatlon 

Bos resultados d@s nos@s no arranque da tempada de tríatlon

O pasado 28 de maio arrincaba a tempada de tríatlon propiamente dita coa desputa do Popular de Oleiros, proba na que @s nos@s acadaban os seus primeiros postos de podio coas victorias de Alba Otero na categoría júnior feminina e Rubén Otero na xuvenil masculina. A seguinte fin de semana do 4 e o 5 de xuño viaxamos a Águilas e Porto do Son con motivo do Nacional Contrarreloxo por Equipos e a Remuda Talento na localidade murciana e o Tríatlon de Menores na localidade coruñesa. En Águilas rematamos 11º na contrarreloxo por equipos e 13º na remuda da categoría masculina, resultados que nos posicionan nunha cómoda 7ª praza provisoria da 1ª División da Liga Nacional Talento a falta da remuda mixta desta fin de semana na Coruña. Mentres que os mellores resultados en Porto do Son foron os de Tadeo Suárez coa prata benxamín, o equipo benxamín masculino que foi bronce co mesmo Tadeo e máis Nuno Barcia e Leo Mato; Martina Santome prata benxamín e Irea Alén e Oscar Alberte pratas cadetes. Resultados que tedes á vosa disposición no apartado descargas tríatlon desta mesma web. 

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.