O pasado fin de semana @s triatletas de Carballo e Oleiros callaban unha moi boa actuación nas súas respectivas citas. Por orde de relevancia habemos de comezar polos Campionatos de España de Dúatlon CRE e Remudas celebrados en Alcobendas; 1ª cita da Liga Talento para as categorías cadete e xuvenil na que @s nos@s están a militar na 2ª división nacional. Na xornada do sábado na proba contra o reloxo por equipos os nosos rapaces foron 8º de 48 equipos e as nosas rapazas 22ª de 34 equipos. O domingo na proba de remudas os nosos foron 15º de 49 equipos e as nosas 28ª de 39 equipos. Tamén o domingo pero en Vimianzo, e con motivo da disputa do Campionato Galego de Dúatlon Cros, Álvaro Elizalde vencía na proba júnior proclamándose campión galego da categoría secundado por Samuel Nuñez que acadaba así o subcampionato. Todos estes resultados podédelos atopar no apartado descargas tríatlon de esta mesma web.