O pasado sábado @s triatletas de Carballo e Oleiros callaban unha moi boa actuación nas súas respectivas citas. Por orde de relevancia habemos de comezar polos Campionatos de España de Dúatlon celebrados en Avilés, onde se daban cita uns 850 triatletas das categorías mozas. En canto ao concurso por equipos, temos que subliñar as actuacións do cadete masculino, que acadaba a 6ª praza con Hugo Souto 21º, Anxo Bello 38º e Álvaro Díaz 92º, e a do xuvenil masculino, que remataba na 11ª posición con Pedro López 24º, Rubén Otero 92º e Sergio Soto 104º. No referente aos concursos individuáis cabe destacar as actuacións dos júniors Andrés Prieto 8º e Álvaro Elizalde 44º, que disputaron as fináis da súa categoría logo de clasificar entre os 50 mellores na carreira preliminar. En canto a nosa representación feminina a mellor foi desta volta a cadete Irea Alén como 39ª. Xa en Muros e con motivo da disputa do V Dúatlon Eleuterio Balayo, proba puntuable para o Circuíto Galego Mozo, Samuel Nuñez vencía na proba júnior para levarse a medalla de ouro, Darío Esteban na mesma categoría facíase co bronce e Alba Otero tamén júnior alzábase coa prata da proba feminina. Por equipos mozos @s nos@s representantes acadaron a victoria conxunta. Todos estes resultados podédelos atopar no apartado descargas tríatlon de esta mesma web.