A pasada fin de semana sete dos nosos triatletas tomaron parte no Campionato de España de Tríatlon Sprint e Olímpico que se celebrou na localidade de A Coruña. Na tarde do sábado competiron catro deles, os xuvenís Joel Barcia, Lucas Prada e Oscar Alberte sobre a distancia sprint e o sub 23 Andrés Prieto na proba sobre a distancia olímpica. Andrés chegou á Coruña con molestias nun dos seus xeonllos e viuse obrigado a abandonar a proba logo do segmento ciclista cando marchaba no grupo de cabeza. Os xuvenís tampouco tiveron o seu mellor día, Lucas foi 56º mentres que Joel Barcia e Oscar Alberte tampouco puideron rematar a proba. Mellor sorte tiveron os júniors Adrián Sancho, Hugo Souto e Iago Prada que na mañá do domingo sumaron un novo posto de podio, desta volta foi a medalla de bronce por equipos con Adrián Sancho na 5ª praza individual, Hugo Souto na 17ª e Iago Prada na 26ª. Podedes consultar os resultados de A Coruña no apartado de descargas tríatlon desta mesma web.