A pasada fin de semana 13 dos nosos triatletas tomaron parte en dúas das frontes competitivas dos calendarios galego e nacional. O domingo día 14 pola mañá, na cidade de A Coruña, 11 deles participaron no Campionato Galego de Tríatlon para a categoría de menores; no mesmo Diego Souto acadou a medalla de bronce infantil, categoría na que Alejandro Yera foi 13º, Juan Giráldez 23º, Martín Cid 25º, Abel Antelo 32º e Leo Mafal 45º. Na categoría alevín, Daniel Suárez e Ethan Rodríguez remataron 14º e 23º respectivamente. Na proba do Circuíto Super Sprint os cadetes Nicolás Mato e Álex Vicente foron 10º e 18º. No panorama nacional, Joel Barcia tomou parte o sábado no Campionato de España de Ácuatlon en Almazán onde foi 32º xuvenil mentres que o domingo nesta mesma localidade Hugo Souto rematou 27º xuvenil no Campionato de España de Tríatlon Cros. Resultados todos eles que podedes atopar no apartado de descargas tríatlon desta mesma web.