Na tarde do pasado sábado día 6 de abril a localidade de Cedeira acolleu o Campionato Galego de Dúatlon de Menores, proba na que tomamos parte con 15 d@s nos@s deportistas de Carballo e Oleiros. Desta volta @s máis destacad@s foron, Diego Souto (5º), Jorge Rodríguez (10º) e Alejandro Yera (19º) que subían ao terceiro chanzo do podio infantil por equipos. Compre destacar tamén as actuacións de Tadeo Suárez 11º alevín masculino, Irene Santomé 12ª alevín feminina e Wenceslao Oubiña 13º benxamín masculino. Na proba de promoción cadete paralela a este campionato galego de menores, Irene Santomé rematou 3ª na categoría feminina e Nicolás Mato foi 12º na masculina. Resultados que podedes atopar no apartado de descargas tríatlon desta mesma web. As vindeiras citas para @s nos@s serán o sábado 13 e o domingo 14 de abril en Muros e máis Melilla. A localidade de Muros acolle o Galego de Dúatlon Super Sprint cadete, xuvenil e júnior con 13 d@s nos@s en liza, mentres que a cidade autónoma de Melilla celebra unha das etapas da Copa de Europa de Tríatlon nas categorías elite e júnior, precisamente na categoría júnior tomaran parte Adrián Sancho, Hugo Souto, Joel Barcia e Oscar Alberte.