A pasada fin de semana 10 dos nosos competiron no Campionato Galego de Dúatlon Contrarreloxo por Equipos celebrado na localidade de Vedra e onde presentamos dous equipos absolutos masculinos, un deles na categoría elite e outro na open. Gran actuación dos da AD.Fogar de Carballo e Oleiros acadando a medalla de bronce na categoría elite dos 21 equipos participantes formando con Adrián Sancho, Alejandro Pardo, Álvaro Elizalde, Hugo Souto, Iago Prada e Rubén Otero, que remataron a proba en 0h:58'52''; e o 6º posto de 29 equipos na categoría open cun tempo final de 1h:05'48'', equipo B no que correron Antón No, Joel Barcia, Lucas Prada e Nuno Moure. Os resultados desta proba de Dúatlon CRE de Vedra están a dispor no apartado de descargas tríatlon desta mesma web.