A pasada fin de semana Adrián Sancho, Hugo Souto, Joel Barcia, Manuel Souto, Michel Núñez e Oscar Alberte tomaban parte na localidade de Roquetas de Mar no Campionato de España de Tríatlon Contrarreloxo e Substitucións da categoría Talento (cadetes e xuvenís); probas puntuables para a Liga Talento de Tríatlon na que estamos a militar na 1ª División Nacional Masculina. Na matinal do sábado os nosos callaban unha destacada actuación na Contrarreloxo por Equipos subindo ao terceiro chanzo do podio. O domingo a mediodía Hugo Souto, Oscar Alberte e Adrián Sancho corrían o Campionato de España de Tríatlon por Substitucións acadando a décima posición. Con estes resultados os de Carballo e Oleiros rematamos 9º da 1ª División Nacional da Liga Talento na que tomaron parte un total de 25 equipos. Resultados que podedes atopar no apartado descargas tríatlon desta mesma web.