Bronce para os xuvenís no Nacional de Tríatlon Sprint de Águilas


 19 Setembro, 2023   Tríatlon 

Bronce para os xuvenís no Nacional de Tríatlon Sprint de Águilas

A pasada fin de semana @s cadetes Inés Duarte, Joel Barcia e Oscar Alberte, @s xuvenís Adrián Sancho, Cristina López, Hugo Souto e Manuel Souto, o júnior Rubén Otero e máis o sub23 Andrés Prieto, tomaban parte no Campionato de España de Tríatlon en distancia Sprint; e na última xornada da Liga Nacional de Clubs de Tríatlon para a categoría Talento que se pechaba coa Substitución Mixta cadete e xuvenil. Os resultados máis destacados d@s nos@s foron o bronce por equipos dos xuvenís con Adrián Sancho como 11º, Hugo Souto 12º e Manuel Souto 38º. Ademáis Joel Barcia remataba 12º cadete, Rubén Otero 24º júnior e Andrés Prieto 11º absoluto na categoría elite. Na substitución mixta Talento de tríatlon, Adrián Sancho, Inés Duarte, Hugo Souto e Cristina López asinaban a 22ª praza mantendo a 9ª praza da 1ª División Nacional Masculina. 
O sábado na Praia de Samil con motivo do I Tríatlon de Menores Cidade de Vigo no que competiron 8 d@s nos@s, Michel Núñez gañou a carreira cadete, Tadeo Suárez foi 3º benxamín, Rosalía Cid 4ª prebenxamín, Manuel López 5º infantil e Martín Cid 9º alevín. Resultados que podedes atopar no apartado de descargas tríatlon desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.