O pasado sábado día 20 de xullo disputouse en Narón unha nova edición do Trishark, proba puntuable para o Circuíto de Tríatlon 2024 e clasificatoria para o Campionato Galego de Tríatlon Sprint deste ano. Dos nosos nove representantes Adrián Sancho foi 2º xuvenil e 11º absoluto, Iago Prada 7º xuvenil e 20º absoluto e Oscar Alberte 8º xuvenil e 22º absoluto, para facerse coa medalla de bronce por equipos dos quince que coseguiron rematar a carreira con tres triatletas na liña de meta. Dentro do programa do Trishark desputouse o venres unha proba de ácuatlon de menores no que tomaron parte outros sete dos nosos cativos, Wenceslao Oubiña rematou 4º clasificado benxamín, Álex Vicente 9º cadete e os infantís Diego Souto 3º, Jorge Rodríguez 7º, Juan Giráldez 9º, Martín Cid 11º e Leo Touré 15º. Resultados que podedes atopar no apartado de descargas tríatlon desta mesma web.