Bronce por equipos para os nosos no XXXV Tríatlon do Miño


 10 Xullo, 2024   Tríatlon 

Bronce por equipos para os nosos no XXXV Tríatlon do Miño

O pasado domingo día 7 de xullo disputouse en Lugo a 35ª Edición do Tríatlon do Miño, proba puntuable para o Circuíto de Tríatlon 2024 e clasificatoria para o Campionato Galego de Tríatlon Sprint deste ano. Alberto Tomé, David Murado, Iago Prada e Joel Barcia foron os nosos representantes na proba, os cales foron quen de callar unha máis que destacada actuación facéndose coa medalla de bronce por equipos dos nove que coseguiron rematar a carreira con tres triatletas na liña de meta. O mellor dos nosos foi desta volta Alberto Tomé, 9º clasificado absoluto cun tempo de 1 hora e 1 minuto, seguido de Iago Prada que rematou 12º en 1 hora 3 minutos, Joel Barcia que foi 15º en 1 hora e 4 minutos e David Murado que empregou 1 hora e 5 minutos para rematar 21º; clasificando todos eles para o campionato galego. Por categorías os xuvenís Iago Prada e Joel Barcia foron 6º e 7º respectivamente e o júnior David Murado 5º. Resultados que xa podedes atopar no apartado de descargas tríatlon desta mesma web.    

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.