Bronce Sub23 de Andrés Prieto no Nacional de Tríatlon


 10 Setembro, 2024   Tríatlon 

Bronce Sub23 de Andrés Prieto no Nacional de Tríatlon

A pasada fin de semana a localidade de Banyoles acolleu os Campionatos de España de Tríatlon nas distancias olímpica e sprint onde participaron catro dos nosos. O sábado 7 de setembro foi a quenda para as categorías júnior e xuvenil con tres dos nosos en liza nesta última categoría sobre a distancia sprint; Adrián Sancho que foi 11º, Iago Prada que rematou 36º e Joel Barcia que chegou na 63ª posición dos 105 participantes, sendo novenos na clasificación por equipos. O domingo día 8 Andrés Prieto tomou parte no Campionato de España de Triatlón Elite sobre distancia olímpica no que acadou a medalla de bronce na categoría sub23 e a 4 praza na absoluta, logo de callar unha carreira moi traballada en cada un dos segmentos, 6º parcial na natación, 1º no ciclismo e 6º na carreira a pé. Resultados que podedes atopar no apartado de descargas tríatlon desta mes web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias e de terceiros para realizar a análise da navegación dos usuarios e mellorar os nosos servizos. Ao pulsar Acepto consente ditas cookies. Pode obter máis información pulsando Máis información ou ben cambiar a configuración escollendo unha de estas opcións:

Pechar