22 d@s triatletas da AD.Fogar de Carballo e Oleiros participarán esta fin de semana en tres das citas dos seus respectivos calendarios. Por unha banda, Hugo Souto, Oscar Alberte e Pedro López, veñen de ser convocados pola FEGATRI para tomar parte dende o 17 ao 26 de febreiro, nunha das concentracións do Grupo de Interese Federativo que se desenvolverá na localidade de Cáceres. Por outra, Adrián Sancho, Anxo Bello e Rubén Otero tomarán o sábado o pistoletazo de saída do V Dúatlon de Estrada Movéndonos por Poio; proba puntuable para o Circuíto Galego Sprint e clasificatoria para o Campionato Galego da modalidade. Xa o domingo e nas inmediacións de Riazor en A Coruña, 16 d@s nos@s triatletas de base participarán no 1º Clasificatorio de Dúatlon Escolar do programa Xogade.