Carballo acolleu o domingo á mañá o seu quinto Nada e Corre


 14 Decembro, 2021   Tríatlon 

Carballo acolleu o domingo á mañá o seu quinto Nada e Corre

Na mañá do pasado domingo disputábase o V Nada e Corre Concello de Carballo, proba que contaba coa organización conxunta da Federación Galega de Tríatlon, a AD.Fogar, o Concello de Carballo e Carballo Deporte, e a colaboración de Gadis e Mundocio. Nun formato moito máis reducido que en edicións anteriores achegábanse finalmente a Carballo algo máis de 60 deportistas de idades comprendidas entre os 6 e os 15 anos pertencentes ás localidades de Arteixo, A Coruña, Carballo e Oleiros. Os 35 triatletas das nosas escolas de tríatlon de base en Carballo e Oleiros callaron unha moi boa actuación copando 20 dos 30 postos de podio do evento. Podios que acadaban Carla Vicente, Tadeo Suárez (prata), María Giráldez e Nuno Barcia (bronce) na categoría prebenxamín; Álvaro Varela (ouro), Martín Cid (prata) e Martina Santomé (bronce) na benxamín; Irene Santomé (ouro), Manuel López (prata) e Lino Souto (bronce) na alevín; Oscar Alberte (ouro), Carla Mourelle, Joel Barcia (prata), María Puga e Michel Nuñez (bronce) na infantil; Irea Alén, Álvaro Díaz (ouro), Cristina López, Manuel Souto (prata) e Hugo Souto (bronce) na cadete. Os resulados do evento podedes consultalos na sección de descargas tríatlon desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.