Carlos Rivas foi 23º absoluto no Galego de Media Distancia


 21 Setembro, 2021   Tríatlon 

Carlos Rivas foi 23º absoluto no Galego de Media Distancia

O pasado domingo a Praia do Vao en Vigo, acollía unha nova edición do Campionato Galego de Tríatlon de Media Distancia coincidindo coa disputa do VIII Tríatlon Desafío Illas Cíes. Carlos Rivas Barcala representábanos na máxima categoría do tríatlon galego acadando o posto 23º logo de 3 horas, 53 minutos e 10 segundos de carreira que repartía do seguinte xeito, 33 minutos e 44 segundos nos 1900 metros do segmento de natación, 1 hora, 50 minutos e 48 segundos nos 70 quilómetros do sector ciclista e 1 hora, 23 minutos e 26 segundos nos 21 quilómetros da carreira a pé; a 23 minutos do vencedor da proba, Cristobal Dios. Na mesma proba pero na carreira popular tomaba parte Daniel Polo Pérez, que logo de completar o percorrido en 4 hortas, 9 minutos e 28 segundos remataba o seu concurso na 4ª praza do grupo de idade de 25 a 29 anos. Resultados estes que tedes a vosa disposición no apartado descargas tríatlon desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.