O pasado domingo día 19 de novembro, quince d@s nos@s triatletas tomaban parte en Ortigueira no primeiro dos clasificatorios do Nada e Corre ao que acudimos once dos equipos das zonas un e dous, entre os que mobilizamos preto d@s 140 rapaces e rapazas das categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete. No desenvolvemento da proba cinco d@s nos@s clasificaban para a Final Galega entre @s mellores das súas respectivas categorías; Inés Duarte como mellor cadete feminina, Irene Santomé como segunda e Diego Souto como terceiro da infantil, Tadeo Suárez tamén como terceiro da benxamín e máis a prebenxamín Rosalía Cid como cuarta. Resultados que xa podedes atopar no apartado descargas tríatlon desta mesma web.