Cinco podios para os do Fogar no Galego de Ácuatlon de Cedeira


 05 Setembro, 2024   Tríatlon 

Cinco podios para os do Fogar no Galego de Ácuatlon de Cedeira

O pasado sábado día 31 de agosto, 22 d@s nos@s triatletas tomaban parte na Praia da Magdalena en Cedeira, no Campionato Galego de Ácuatlon para as categorías de menores, ainda que a proba puntuaba tamén para o Circuíto Galego Súper Sprint, incluíndo a maiores ás categorías xuvenil e júnior. deste xeito na proba alevín Martina Santomé era 4ª e Nuno Barcia remataba 7º, na infantil Diego Souto facíase coa medalla de prata e Jorge Rodríguez era 10º. No que respecta @s cadetes, Irene Santomé acadaba a medalla de ouro, Lino Souto era 7º e Nicolás Mato 8º. Na categoría xuvenil o mellor dos nosos foi desta volta Adrián Sancho subindo ao 3º chanzo do podio, mentres que na júnior Rubén Otero se facía coa medalla de ouro. Na clasificación por equipos para o cómputo do Campionato e o Circuíto Galego Súper Sprint fomos 2º; resultados todos eles que podedes atopar no apartado descargas tríatlon desta mesma web. Noutra orde de cousas facemos saber que Diego Souto está a tomar parte do 2 ao 6 de setembro nunha concentración de promoción de menores que a FEGATRI está a desenvolver nas instalacións do Centro de Tecnificación de Cáceres para o coñecemento e avaliación das cualidades técnicas do grupo de triatletas das categorías infantil e cadete.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.