A pasada fin de semana celebrouse o XXIII Tríatlon Cidade de Ferrol, proba que acolleu tamén o Campionato Galego de Tríatlon na distancia sprint e onde os da AD.Fogar de Carballo e Oleiros estivemos representados por 9 dos nosos triatletas que callaron unha moi boa actuación conxunta. Cuarto posto masculino por equipos a tan só 1 segundo do bronce con Adrián Sancho como 11º clasificado absoluto e 4º júnior, Iago Prada como 15º absoluto e 6º júnior e Hugo Souto como 23º absoluto e 8º júnior. Na categoría xuvenil Lucas Prada rematou 9º e na sub 23 Álvaro Elizalde foi 10º, David Murado 11º e Rubén Otero 12º. Os resultados deste Campionato Galego de Tríatlon Sprint 2025 podédelos atopar no apartado de descargas tríatlon desta mesma web.