O pasado domingo celebrouse o XXII Tríatlon Cidade de Ferrol que acolleu tamén o Campionato Galego na distancia sprint onde os da AD.Fogar de Carballo e Oleiros estivemos representados por 9 dos nosos triatletas que voltaron a callar unha moi boa actuación conxunta. Bronce por equipos masculinos con Adrián Sancho 12º clasificado absoluto en 1 hora e 41 segundos, Iago Prada 14º en 1 hora e 42 segundos e Rubén Otero 21º en 1 hora, 1 minuto e 29 segundos. No individual, na categoría xuvenil Adrián Sancho foi tamén bronce, Iago Prada rematou 4º, Hugo Souto foi 7º e Joel Barcia 9º. Na categoría júnior Ruben Otero acadou a 5ª praza, na absoluta Alberto Tomé foi 22º e Eneko Castro 38º, e na categoría de veteranos Alexandre Rodríguez rematou 7º. Os resultados destas probas podédelos atopar no apartado de descargas tríatlon e máis escola desta mesma web.