Dous bronces para @s nos@s no XXI Dúatlon Cidade de Santiago


 20 Marzo, 2024   Tríatlon 

Dous bronces para @s nos@s no XXI Dúatlon Cidade de Santiago

O pasado sábado celebrouse nas inmediacións do Estadio Verónica Boquete o XXI Dúatlon de Santiago nos formatos Escolar, Super Sprint e Sprint nos que os da AD.Fogar de Carballo e Oleiros estivemos representados por 35 d@s nos@s triatletas. As 3 carreiras de Santiago desenvolvéronse ben para os nosos intereses, deste xeiro na proba escolar @s máis destacad@s foron, Diego Souto como 5º infantil, Martina Santomé que foi 7ª alevín e Wenceslao Oubiña que rematou 11º benxamín. Na proba sobre a distancia super sprint Adrián Sancho acadou o bronce na categoría xuvenil, mesma categoría na que Anxo Bello foi 5º, mentres que Lino Souto rematou na 14ª praza cadete e fomos 5º conxunt@s por clubs. Na proba sobre a distancia sprint fomos 6º masculinos por clubs e os mellores foron desta volta, Rubén Otero que acadou o bronce na categoría júnior, Alberto Tomé que foi 12º absoluto e Alexandre Rodríguez que rematou 13º veterano 1. Os resultados destas probas podédelos atopar no apartado de descargas tríatlon e máis escola desta mesma web. As vindeiras citas para 12 d@s nos@s serán, o 23 e o 24 de marzo en Alcobendas, localidade onde se disputan os Campionatos de España de Dúatlon Super Sprint, Sprint e Substitucións Mixtas da Liga Talento; e o 24 de marzo en Quarteira onde se celebra unha das probas da Copa de Europa Júnior de Tríatlon.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.