Dous ouros e dúas pratas para os nosos triatletas en Pontevedra


 06 Outubro, 2021   Tríatlon 

Dous ouros e dúas pratas para os nosos triatletas en Pontevedra

A pasada fin de semana @s triatletas da AD.Fogar de Carballo e Oleiros volvían callar outra máis que destacada actuación con motivo da disputa en Pontevedra do Campionato de España de Tríatlon Super Sprint e o Campionato Galego de Tríatlon Alevín e Infantil, probas na que tomamos parte con 23 deportistas. O sábado á mañá 5 d@s nos@s clasificaban para disputar as finais da tarde entre os 50 mellores de España nas súas respectivas categorías. Finais nas que Andrés Prieto volvía subir ao caixón como Subcampión de España Júnior, categoría na que Alba Otero era 44ª e Álvaro Elizalde remataba no posto 48º. Na categoría xuvenil Pedro López acadaba a 5ª praza e na cadete Irea Alén a 36ª. Xa o domingo no Campionato Galego de Tríatlon os nosos infantís acadaban o ouro individual de Oscar Alberte e tamén o ouro por equipos co propio O.Alberte (1º), J.Barcía (4º) e I.Parga (7º); mentres que os nosos alevíns facíanse coa prata por equipos grazas aos concursos de M.López (8º), L.Souto (11º) e M.Rodríguez (15º). Na categoría feminina Irene Santomé foi 6ª alevín e María Puga 9ª infantil. Resultados que podedes atopar no apartado descargas tríatlon desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.