Fin de semana para enmarcar o d@s triatletas da AD.Fogar


 01 Xuño, 2021   Tríatlon 

Fin de semana para enmarcar o d@s triatletas da AD.Fogar

O pasado sábado día 29 de maio de 2021, Andrés Prieto Villar debutaba na localidade polaca de Olsztyn, nunha das probas do calendario ETU, a Copa de Europa Júnior de Tríatlon, https://triathlon.org/events/event/2021_europe_triathlon_cup_olsztyn e o facía na súa mellor versión loitando polo podio. Con esas o da AD.Fogar acadaba a 5ª praza a 39'' do vencedor da proba e a tan só 19'' do podio, e todo iso a pesar de ser júnior de primeiro ano e sufrir unha caída no sector ciclista, nunha palabra, ENORME !!.
O mesmo sábado á tarde no Tríatlon do Concello de Oleiros, Pedro López Otero facíase coa victoria absoluta da proba e a da súa categoría a xuvenil en tanto que Rubén Otero Losada acadaba a prata xuvenil, Alba Otero Losada a prata júnior e Marta González Rivas lograba facerse coa victoria na categoría xuvenil. Por se fora pouco Nicolás Pichel Castro remataba o domingo no top 20 da categoría de 40 a 44 anos e de 135 na clasificación xeral do Tríatlon Internacional Tradeinn 140.6 de Platja D'Aro. Proba de distancia ironman na que o noso invertía 10 horas, 55 minutos e 21 segundos en completala logo de 3,8 quilómetros de natación, 180 quilómetros de bici e 42,2 quilómetros de carreira a pé. Resultados todos eles que podedes atopar no apartado descargas tríatlon desta mesma web. 

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.