A pasada fin de semana a localidade soriana de Almazán acollía o Campionato de España de Tríatlon en Idade Escolar por Comunidades Autónomas, proba na que tomaban parte como membros da Selección Galega dous dos nosos deportistas, Hugo Souto da categoría cadete e Joel Barcia da infantil. Na proba individual masculina cadete Hugo Souto era 13º cun tempo de 22 minutos e 54 segundos puntuando para o combinado autonómico como o terceiro galego en meta. Na substitución mixta cadete Hugo formou no Equipo B co que acadaba unha meritoria 9ª posición dun total de 29 equipos; pero Hugo disputaba tamén a substitución inclusiva ca que os galegos fomos 3º. Joel Barcia que tomaba parte coa substitución mixta infantil remataba xunto aos seus compañeir@s de equipo na 8ª praza. Galicia sumaba neste campionato 597 puntos e remataba como subcampioa de España a tan só 8 puntos de Valencia, que con 605 facíase coa victoria final. Os resultados deste Nacional de Tríatlon Escolar por Comunidades Autónomas poden consultarse en: https://triatlon.org/evento-seleccion-clasificacion/?alias=2021-campeonato-de-espana-de-triatlon-por-autonomi e tamén en descargas tríatlon de esta mesma web.