Inés Duarte e Andrés Prieto protagonistas desta fin de semana


 20 Xaneiro, 2023   Tríatlon 

Inés Duarte e Andrés Prieto protagonistas desta fin de semana

Este sábado día 21 de xaneiro de 2023 Inés Duarte e o seu adestrador Daniel Polo, tomarán parte nas instalacións do CGTD de Pontevedra na primeira das xornadas do Programa GST (Grupo de Seguimento de Tríatlon) que desenvolve a FEGATRI con 17 triatletas das categorías Infantil (2010/2011) e Cadete (2008/2009). A xornada dará comezo coa presentación do programa as 10:45 horas e rematará as 17:00 horas. E o domingo día 22 as 11 horas, Andrés Prieto arrinca a tempada 2023 competindo no Dúatlon Sprint de Tres Cantos en Madrid. Esta proba da DuTriCup discorrerá no Recinto Ferial da localidade sobre un circuíto de 5 quilómetros de carreira a pé, 18,3 quilómetros de ciclismo e outros 2,5 quilómetros de carreira, con amplas rúas para o segmento ciclista e un parque central para o segmento da carreira a pé. Grazas a subvención de material da Xunta de Galicia (Deporte Galego) do 80% e o 20% achegado pola AD.Fogar de Carballo e Oleiros, o noso triatleta top10 mundial júnior estreará nova montura baixo contrato de cesión.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.