Catro d@s nos@s triatletas afrontan esta fin de semana tres das citas máis importantes dos seus respectivos calendarios competitivos. Por unha banda Andrés Prieto Villar (2003), ven de ser convocado pola FETRI para tomar parte os días 24, 25 e 26 de xuño no seu segundo Campionato do Mundo Júnior de Tríatlon que se celebra na localidade canadiense de Montreal sobre a modalidade individual sprint e substitucións mixtas. Por outra @s cadetes Hugo Souto e Irea Alén foron convocad@s pola FEGATRI para formar co combinado galego que compita o sábado 25 de xuño no Campionato de España de Tríatlon Escolar en Logroño. Por último o domingo 26 Daniel Polo será o noso único representante no Campionato Galego de Tríatlon de Longa Distancia na localidade coruñesa de As Pontes.