A pasada fin de semana, 5 d@s nos@s triatletas cadetes tomaban parte en Vilagarcía, no Campionato Galego de Tríatlon Escolar contra o reloxo por equipos para as categorías cadete e xuvenil. Proba na que os representantes da AD.Fogar de Carballo e Oleiros, Adrián Sancho, Hugo Souto, Joel Barcia, Manuel Souto e Oscar Alberte remataban no terceiro banzo do podio cun tempo de 28 minutos e 8 segundos a menos dun minuto do vencedor da proba, o Fluvial de Lugo. Resultados que podedes atopar no apartado descargas tríatlon desta mesma web. Ademáis 8 d@s nos@s atópanse xa na localidade murciana de Cartaxena onde no día de mañán tomarán parte no Campionato de España de Tríatlon Sprint, Andrés Prieto e Pedro López farano na categoría júnior e Adrián Sancho, Hugo Souto, Joel Barcia, Manuel Souto, Oscar Alberte e Irea Alén na cadete.