Medalla de ouro para os nosos no Galego de Dúatlon Escolar CRE


 18 Outubro, 2022   Tríatlon 

Medalla de ouro para os nosos no Galego de Dúatlon Escolar CRE

A pasada fin de semana en Lousame, nove d@s nos@s triatletas pertencentes ás categorías cadete e xuvenil tomaban parte no Campionato Galego de Dúatlon Escolar contra o reloxo por equipos. Proba desputada sobre tres segmentos e as distancias de dous quilómetros de carreira a pé, cinco quilómetros de ciclismo e outro quilómetro de carreira a pé. Os da AD.Fogar de Carballo e Oleiros presentamos dous equipos masculinos compostos por Adrián Sancho, Anxo Bello, Hugo Souto, Joel Barcia e Michel Núñez no equipo A e Manuel Souto, Rubén Otero, Oscar Alberte e Xabier Guitián no B. Os compoñentes do primeiro equipo gañaban a proba cun tempo de 20 minutos e 41 segundos acadando así o títalo de Campións Galegos Escolares. Pola súa banda os compeñentes do equipo B gañaban a proba open aberta aos segundos equipos logo de 22 minutos e 53 segundos. Resultados que podedes atopar no apartado descargas tríatlon desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.