Un ano máis o tríatlon volve a Cidade do Lérez con motivo da disputa do Campionato Xunta de Galicia de Tríatlon Sprint no que os da AD.Fogar de Carballo e Oleiros estaremos representados por 8 d@s nos@s triatletas; 3 féminas e 5 homes. A competición terá lugar o sábado día 21 de Agosto nas inmediacións da Ponte dos Tirantes e cos mesmos percorridos de anos anteriores, 750 metros de natación no Río Lérez á altura da Ponte dos Tirantes, 20 quilómetros de ciclismo nun circuito de 5 quilómetros que percorrerán 4 veces, e 5 quilómetros de carreira a pé nun circuito practicamente chairo de 2 voltas de 2,5 quilómetros cada unha delas á marxen do río. Dende as 15:00 horas tomarán a saída os nosos representantes masculinos, Andrés Prieto e Álvaro Elizalde da categoría júnior, Rubén Otero e Xabier Guitián da xuvenil e o veterano Marco Navarro, e a partir das 16:30 horas farano as nosas féminas con Alba Otero da categoría júnior e máis Elena Haz e Marta González da xuvenil. Máis información en https://fegatri.org/evento/xx-triatlon-cidade-de-pontevedra-campionato-xunta-de-galicia-absoluto-e-paratriatlon/