O Concello de Oleiros por acordo da Xunta de Goberno Local de data 30 de novembro de 2016 ven de conceder a AD.Fogar e a súa Sección en Oleiros unha subvención por importe de 1.227,27€ para a práctica deportiva federada da natación e o tríatlon dentro do marco da promoción e a difusión da cultura e o deporte neste Concello para o ano 2016. O obxecto da mesma e o de impulsar as actividades deportivas e xuvenís e potenciar as categorías inferiores ou de base atendendo a organización de actividades deportivas e a participación de equipos ou deportistas nas competicións federadas de carácter oficial. A concesión desta subvención fixose en réxime de concorrencia competitiva baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia e igualdade. Dende a AD.Fogar presentouse un orzamento de gastos de 55.158,00€ e solicitouse unha axuda por valor de 6.000,00€. O prazo de xustificación finalizará o vindeiro venres día 16 de decembro de 2016.