O Dúatlon de Menores voltou a Carballo dous anos despois


 04 Febreiro, 2022   Tríatlon 

O Dúatlon de Menores voltou a Carballo dous anos despois

Logo das edicións escolares de 2018 e 2019, Carballo acollía o pasado domingo unha proba de Dúatlon de Menores, desta volta o Campionato Galego para deportistas con licenza federativa das categorías benxamín, alevín e infantil. A proba desenvolvéuse no circuíto habitual do Polígono de Bértoa nunha mañán soleada e coa presenza de público que puido disfrutar do bo facer destes case 300 futuros triatletas de 22 equipos achegados de toda Galicia. No referente ao concurso d@s nos@s, compre decir que d@s 27 inscritos finalmente so poideron participar 18, os 9 restantes causaron baixa pola covid. Aínda así na categoría benxamín Tadeo Suárez acaba a medalla de prata e Martina Santomé facíase coa de bronce. Outros resultados destacados foron o 4º posto do equipo benxamín masculino que puntuaba con Tadeo Suárez, Leo Mato e máis Ethan Rodríguez, o 12º posto da infantil Irene Santomé ou o 14º posto do tamén infantil Manuel López, que xunto con Mauro Rodríguez e Lino Souto remataban 7º por equipos infantís. Os resultados deste I Dúatlon de Menores Concello de Carballo están dispoñibles no apartado descargas tríatlon desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.