O equipo masculino do Fogar ascendeu á 2ª División Nacional


 26 Xuño, 2024   Tríatlon 

O equipo masculino do Fogar ascendeu á 2ª División Nacional

Os pasados 22 e 23 de xuño a localidade de Pontevedra acolleu o Nacional de Clubs de Tríatlon na súa 3ª División e tamén o Campionato Galego Super Sprint; probas nas que os de Carballo e Oleiros estivemos representados por 21 d@s nos@s triatletas. O sábado día 22, Alberto Tomé, Alexandre Rodríguez, Andrés Prieto, Eneko Castro, Hugo Souto, Iago Prada, Oscar Alberte e Rubén Otero tomaron a saída no Nacional de Clubs de Tríatlon na 3ª División absoluta masculina coa determinación de loitar polas catro primeiras prazas que daban acceso á 2ª División e vaia se o fixeron, 2º posto e medalla de prata para os nosos que voltan así a 2ª división nacional absoluta logo de 13 anos. Andrés foi 1º, Iago 18º, Alberto 21º, Hugo 27º, Oscar 52º, Eneko 54º, Rubén 76º e Alexandre 97º dos 213 triatletas participantes sumando 1583 puntos, os mesmos que o Delikia primeiro clasificado e 4 máis que o Natació Barcelona que pechou o podio. O domingo 23 o mellor d@s nos@s no Campionato Galego Super Sprint foi o seguinte, na categoría cadete a 4ª praza de Irene Santomé e a 12ª de Manuel López; na categoría xuvenil o 4º posto de Iago Prada e na júnior o 5º de Rubén Otero; ao que hai que sumar a 4ª praza conxunta por equipos. Resultados que podedes atopar no apartado de descargas tríatlon desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.