O pasado domingo día 28 de marzo de 2021 a localidade de Narón acollía o Campionato Galego de Dúatlon Mozo para as categorías cadete, xuvenil e júnior. Na proba desputada sobre a distancia supersprint tomamos parte con 24 d@s nos@s triatletas. Na categoría masculina, Andrés Prieto e o equipo júnior (Andrés Prieto 1º, Álvaro Elizalde 8º e Lucas Lorenzo 13º) non fallaron a súa cita co caixón e sumaron dous novos éxitos, desta volta os de Campións Galegos individual e por equipos. A súa estela os cadetes Hugo Souto 3º, Anxo Bello 10º e Álvaro Díaz 20º colgábanse os bronces individual e por equipos, mentres que o derradeiro podio da xornada era o de Pedro López na categoría xuvenil. Na categoría feminina o mellor concurso asinábao o equipo cadete que remataba a proba na cuarta praza con Irea Alén 8ª, Cristina López 20ª e Sofía Alberte 21ª, mentres que as xuvenís Elena Haz e Marta González eran 10ª e 12ª respectivamente. No apartado descargas tríatlon desta mesma web tedes a vosa disposición os resultados deste Campionato Galego de Dúatlón Supersprint Moz@.