A cidade asturiana de Avilés volverá acoller a vindeira fin de semana do 10 e 11 de abril, o Campionato de España de Dúatlon en formato contrarreloxo individual. Recupera así a súa cita cun evento deportivo nacional do máis alto nivel que se adaptará ás circunstancias sanitarias, e cuxa sede principal será un Centro Niemeyer blindado fronte ao COVID-19, ao pecharse unha contorna de 19.000 metros cadrados que permitirá aos deportistas e participantes gozar dun marco totalmente seguro. Neste marco de medidas extraordinarias motivadas pola pandemia da covid19, a totalidade d@s nos@s deportistas cos técnicos Daniel Polo e Román Rey á fronte, pasarán un crivado de antíxenos previo ao seu desprazamento e estancia en Avilés a cargo do clube. E nunha convocatoria de base sen precedentes, os da AD.Fogar de Carballo e Oleiros desprazaremos a este Campionato de España de Dúatlon a 17 d@s nos@s deportistas, das que 4 pertencen ao equipo cadete feminino, outros 4 ao cadete masculino, 4 máis ao xuvenil masculino, 3 ao júnior masculino e 2 ao xuvenil feminino. Toda a información destes Nacionais de Dúatlon 2021 pode consultarse na páxina da Federación Española de Tríatlon na seguinte ligazón: https://triatlon.org/evento/?alias=2021-cto-esp-triatlon-aviles