O V Nada e Corre de Carballo achegará mañán a 69 deportistas


 11 Decembro, 2021   Tríatlon 

O V Nada e Corre de Carballo achegará mañán a 69 deportistas

O V Nada e Corre Concello de Carballo volta ao calendario da Federación Galega de Tríatlon grazas ao esforzo conxunto do propio Concello de Carballo e Carballo Deporte, e por suposto á inestimable colaboración da Policía Local, o corpo de voluntarios de Protección Civil, Gadis e os máis de 20 voluntarios que aporta como a propia AD.Fogar como club organizador. Nun formato moito máis reducido do habitual, a proba terá lugar na Piscina Municipal e as inmediacións do Complexo Deportivo Carballo Calero mañán día 12 de marzo desde as 9 horas da mañá e ata aproximadamente as 13 horas do mediodía. @s 69 deportistas confirmad@s pertencen a 5 clubs das localidades de A Coruña, Arteixo, Carballo e Oleiros. Os da AD.Fogar de Carballo e Oleiros tomaremos parte con 38 triatletas das nosas escolas de base, das que 11 pertencen á categoría feminina e os 27 restantes á masculina. A entrega de medallas coa que se pechará a xornada está prevista cara ás 13:00 do mediodía. O regulamento da proba, a convocatoria d@s nos@s, a relación dorsalizada e a lista de saídas das probas de natación podedes consultala no aparatdo de descargas tríatlon desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.