O VI Nada e Corre Concello de Carballo volta este domingo a nosa localidade grazas a organización conxunta da Fegatri o propio Concello de Carballo e Carballo Deporte, e por suposto á inestimable colaboración da Policía Local, o corpo de voluntarios de Protección Civil, Gadis e os preto de 20 voluntarios que aportamos dende a AD.Fogar como clube organizador. Desta volta a proba coincide coa Final Galega da modalidade e terá lugar como ven sendo habitual na Piscina Municipal e a contorna do Complexo Deportivo Carballo Calero dende as 9 horas da mañá e ata aproximadamente as 14 horas do mediodía. Os 20 clubs clasificados desprazarán ata carballo a 160 deportistas de idades comprendidas entre os 6 e os 15 anos, d@s cales 14 pertencen á AD.Fogar de Carballo e Oleiros, 9 rapaces e 5 rapazas. A entrega de premios co que se pechará a xornada está prevista cara ás 13:30 do mediodía. Todo o referente a esta Final Galega e VI Nada e Corre Concello de Carballo podédelo atopar na seguinte ligazón: https://fegatri.org/evento/nada-e-corre-carballo-final-galega/