O VII Nada e Corre de Carballo achega o domingo a 61 deportistas


 13 Novembro, 2025   Tríatlon 

O VII Nada e Corre de Carballo achega o domingo a 61 deportistas

O VII Nada e Corre Concello de Carballo volta este domingo a nosa localidade grazas a organización conxunta da Fegatri o propio Concello de Carballo e Carballo Deporte, e por suposto á inestimable colaboración da Policía Local, o corpo de voluntarios de Protección Civil, Gadis e os 23 voluntarios que aportamos desde a AD.Fogar como clube organizador. A proba presentóuse no día hoxe no Casa do Concello da man do alcalde Daniel Pérez, o concelleiro de deportes, Daniel Barreiro e o presidente da ADFogar, Gustavo Álvarez. Desta volta a proba coincide coa fase clasificatoria da zona 2 (A Coruña, Arteixo, Betanzos, Costa da Morte e Sada) e terá lugar na Piscina Municipal (probas de natación) e a contorna do Complexo Deportivo Carballo Calero (probas de carreira) desde as 9 horas da mañá e ata aproximadamente as 14 horas do mediodía. Os 5 clubs participantes desprazarán ata Carballo a 52 deportistas de idades comprendidas entre os 6 e os 15 anos, d@s cales 20 pertencen á AD.Fogar de Carballo e Oleiros, ademáis tomarán parte 9 deportistas independentes. A entrega de premios co que se pechará a xornada está prevista cara ás 13:00 horas. Todo o referente a este VII Nada e Corre Concello de Carballo podédelo atopar na seguinte ligazón: https://fegatri.org/evento/vii-nada-e-corre-carballo-clasificatoria-2025-zona-2/

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.