Os cadetes renovan o título de Subcampións de España de Dúatlon


 03 Abril, 2023   Tríatlon 

Os cadetes renovan o título de Subcampións de España de Dúatlon

A pasada fin de semana dez d@s nos@s triatletas tomaban parte no Campionato de España de Dúatlon Supersprint e Substitucións Mixtas Talento que se disputaba na localidade madrileña de Alcobendas. Na mañán do sábado seis d@s nos@s clasificaban para correr as finais da tarde, onde na categoría cadete masculina, Joel Barcia (13º), Michel Núñez (17º) e Oscar Alberte (24º) acadaban a medalla de prata por equipos a tan só dous segundos do primeiro clasificado o Diablillos de Rivas; renovando así o título de Subcampións de España da pasada tempada en Avilés. Na categoría xuvenil masculina Anxo Bello (11º), Hugo Souto (21º) e Adrián Sancho (44º) remataban 5º por equipos a escasos catorce segundos do 3º chanzo do podio. Nas eliminatorias da mañán Inés Duarte 15ª, Rubén Otero 20º, María Puga 24ª e Manuel Souto 26º non conseguiron pasar ás súas respectivas finais. O domingo na Substitución Mixta da categoría talento o noso equipo composto por Anxo Bello, Inés Duarte, Hugo Souto e María Puga rematou 26º dos 36 equipos en liza sumando os primeiros puntos para a 1ª División Masculina da Liga Talento. Os resultados podédelos atopar no apartado de descargas tríatlon desta mesma web. 

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.