Os júniors acadaron o título de Campións de España de Dúatlon


 14 Abril, 2025   Tríatlon 

Os júniors acadaron o título de Campións de España de Dúatlon

A pasada fin de semana quince d@s nos@s triatletas tomaron parte no Campionato de España de Dúatlon Supersprint e Remudas Mixtas Talento que se celebrou na localidade de Ciudad Real. Na mañán do sábado seis d@s nos@s clasificaron para correr as finais da tarde; os júniors Adrián Sancho, Hugo Souto e Iago Prada fixérono para a final A con dereito a podio e @s cadetes, Irene Santomé, Lino Souto e Nicolás Mato para a final B de consolación. Na final A da tarde Iago Prada remataba na 5ª praza, Adrián Sancho era 7º e Hugo Souto 15º,  acadando entre os tres a medalla de ouro conxunta e o título de Campións de España por equipos júniors. Na xornada do domingo a nosa Remuda Mixta da categoría talento composta por Irene Santomé, Lucas Prada, Carmen Díaz e Lino Souto rematou no 33º posto dos 49 equipos en liza. Compre subliñar que logo da primeira xornada disputada en Avilés os pasados 8 e 9 de marzo o noso equipo masculino ben ocupando a 11ª praza provisional dos 25 equipos que conforman a 1ª División Nacional de Tríatlon na categoría talento. Podedes consultar os resultados de Ciudad Real no apartado de descargas tríatlon desta mesma web. 

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.