Na tarde do pasado sábado día 10 de xuño a localidade de Cedeira acolleu o Campionato Galego de Dúatlon de Menores, proba na que tomamos parte con 21 d@s nos@s deportistas de Carballo e Oleiros. Desta volta @s máis destacad@s eran, Tadeo Suárez (5º), Nuno Barcia (7º) e Leo Mato (21º) que subían ao terceiro chanzo do podio benxamín por equipos e Manuel López (10º), Lino Souto (11º) e Diego Souto (20º) que acadan o subcampionato galego infantil por equipos. Na categoría feminina as mellores das nosas foron Irene Santomé, 4ª clasificada infantil e Carla Vicente, 13ª benxamín. Na proba de promoción cadete paralela a este campionato galego de menores, Inés Duarte e María Puga remataban 2ª e 12ª respectivamente. Resultados que podedes atopar no apartado de descargas tríatlon desta mesma web.