O pasado domingo día 12 de setembro na localidade almeriense de Roquetas del Mar, disputábase a última das probas puntuables para a Liga Nacional Talentos de Tríatlon, o Relevo por equipos nas categorías masculina e feminina onde @s nos@s volveron a callar unha máis que destacada actuación. Empezaban os rapaces con P. López, R. Otero e X. Guitián que sobre un percorrido de 250 m de natación, 5,7 quilómetros de ciclismo e 1,6 quilómetros de carreira a pé partían cunha vantaxe de un só punto á fronte da 2ª división nacional masculina. Chegábanos con rematar por diante do CT. Ferrol e fixémolo, fomos 11º e eles 19º, proclamándonos así campions da segunda división nacional masculina da Liga Talento e acadando o ascenso á primeira na que competiremos no 2022 cos 15 mellores equipos de España. As rapazas que foron de menos a máis ao longo das 4 xornadas de liga foron 22ª con I. Alen, C. López e M. González e mantiñan así a 7ª praza na 2ª división e por conseguinte a permanencia. Noutro orden de cousas queremos destacar tamén que o sábado en Combarro, Alba Otero proclamábase Campioa Galega Júnior de Ácuatlon. Todos este resultados están dispoñibles no apartado de descargas tríatlon de esta mesma web.