Os nosos acadan tres podios no Dúatlon Cidade de Santiago


 22 Marzo, 2022   Tríatlon 

Os nosos acadan tres podios no Dúatlon Cidade de Santiago

A pasada fin de semana 38 d@s nos@s triatletas tomaban parte nas catro carreiras do Dúatlon Cidade de Santiago, promoción, escolar, circuíto mozo e circuíto de estrada. No primeiro clasificatorio escolar para a provincia de A Coruña do programa Xogade, os resultados máis destacados foron o 2º posto de Ian Gabriel Parga na categoría infantil, o 9º posto de Manuel López na alevín e o 11º posto de Martín Cid na benxamín. Na proba puntuable para o circuíto mozo @s máis destacad@s na xornada da tarde do sábado foron, Pedro López 2º clasificado júnior, Anxo Bello e Hugo Souto, 3º e 5º clasificados cadetes, Alba Otero 6ª júnior e Rubén Otero 9º xuvenil. Por equipos @s nos@s moz@s remataron 4º conxuntos a un só banzo de subir ao podio. Resultados que podedes consultar no apartado descargas tríatlon de esta mesma web. A cita da vindeira fin de semana será en Valladolid con motivo da desputa do Campionato de España de Dúatlon por Substitucións Mixtas, proba puntuable para a Liga Nacional Talento na que os nosos triatletas masculinos estréanse na 1ª División logo de acadar o ano pasado o títalo de 2ª. Nesta ocasión @s nos@s representantes son Anxo Bello, Cristina López, Hugo Souto e Noa Carlota Atanes.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.