Os nosos acoden ao Nacional de Dúatlon CRE e Remuda Talento


 25 Abril, 2024   Tríatlon 

Os nosos acoden ao Nacional de Dúatlon CRE e Remuda Talento

Adrián Sancho, Anxo Bello, Hugo Souto, Iago Prada, Michel Núñez e Oscar Alberte viaxan mañá a Soria, localidade onde esta fin de semana competirán no Campionato de España de Dúatlon CRE e a Substitución Masculina dentro da Liga Talento de Tríatlon na que estamos a militar na 1ª División Nacional Masculina entre os 25 mellores equipos de España. O sábado os nosos tomarán parte na Contrarreloxo por Equipos sobre un percorrido de 1,8 quilómetros de carreira a pé, 5 quilómetros de ciclismo e 850 metros de carreira a pé. O domingo as carreiras que pecharán o evento serán as correspondentes ao Campionato de España de Dúatlon por Substitucións de 3 duatletas que terán que percorrer as mesmas distancias de 1,8 + 5 + 0,85 quilómetros cada un deles. Logo da 1ª xornada de Alcobendas, @s de Carballo e Oleiros acudimos á esta segunda cita da Liga Talento co firme propósito de mellorar a 13ª praza na que nos atopamos. Tamén o Domingo pero en Outes, 18 d@s nos@s correrán a Final Provincial de Dúatlon Escolar do programa Xogade.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.