Os nosos foron prata por equipos no Tríatlon Concello de Porriño


 17 Xuño, 2025   Tríatlon 

Os nosos foron prata por equipos no Tríatlon Concello de Porriño

Os pasados 14 e 15 de xuño disputáronse, o Tríatlon de Menores de Cedeira e o Tríatlon Concello de Porriño; probas na que os da AD. Fogar de Carballo e Oleiros estivemos representados por 22 d@s nos@s triatletas. Na carreira de menores de Cedeira os mellores resultados foron desta volta a 4ª e a 7ª prazas benxamíns de Noah de Castro e Rosalía Cid, a 11ª praza infantil de Martín Cid e a 13ª praza cadete de Carmen Díaz. En canto á participación dos nosos na proba sprint de Porriño compre destacar a prata absoluta por equipos que acadaron Adrián Sancho como 4º absoluto e 2º  júnior, Iago Prada como 7º absoluto e 4º júnior e Hugo Souto como 10º absoluto e 5º júnior. Ademáis na categoría xuvenil Lucas Prada foi 4º e Michel Núñez 5º e na sub 23 Pedro López rematou 6º. Resultados que podedes atopar no apartado de descargas tríatlon desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.